Esta actualización está condicionada á aprobación da Lei de Presupostos Xerais do Estado e suporá unha redución no recibo do IBI do 8 % para 2017 e anos posteriores.

O Goberno de Barbadás defende que cumpre os requisitos para actualizar os valores catastrais

SONY DSC

SONY DSC

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas vén de confirmar ao Concello de Barbadás que cumpre cos requisitos necesarios para a actualización dos valores catastrais para o ano 2017, que no caso de Barbadás supón a aplicación dun coeficiente reductor do 0,92.

Entre os requisitos necesarios están que transcurrisen cinco anos desde a última ponencia de valores catrastrais, que existan diferenzas substanciais entre os valores de mercado e os valores catastrais e que o concello tivese solicitado antes do 31 de maio deste ano a aplicación do coeficiente de actualización.

Ante a comunicación oficial recibida neste concello, a Concellaría de Facenda púxose en contacto coa Xerencia de Catastro de Ourense e co Ministerio de Facenda para coñecer se era posible aplicar outros coeficientes de actualización, tendo como resposta que só se poderá aplicar o coeficiente do 0,92 %.

Desde a Concellaría de Facenda de Barbadás desmentiron así a información transmitida polo PP de Barbadás de que o bipartito non quería aplicar unha rebaixa superior do IBI. «O PP tivo a oportunidade de actualizar os valores catastrais durante tres anos e nunca o fixo, impedindo así que a veciñanza se aproveitase da rebaixa no recibo do IBI. Agora intentan mentir e mudar a realidade mostrando pouca seriedade e falta de rigor no seu traballo político», indica o comunicado de prensa remitido polo concelleiro de Facenda, Xosé Manoel Fírvida.

O Ministerio de Facendo comunicou tamén ao Concello de Barbadás que para aplicar esta redución do valor catastral é necesario e imprescindíble a aprobación dos Presupostos Xerais do Estado para 2017.