O Parlamento Europeo, a través do seu presidente Martin Schulz, concedeu o seu patrocinio á Biblioteca Municipal de Verín, grazas ao seu proxecto de voluntariado cultural. Para o Parlamento Europeo, este patrocinio é unha maneira de asociarse a un determinado acto ou proxecto proporcionando o seu apoio moral e ao mesmo tempo a súa imaxe de institución europea. Trátase dun recoñecemento que se concede nun número moi limitado de ocasións e a entidades sen ánimo de lucro.
Polo tanto, o ente comunitario patrocinará o próximo 5 de decembro o acto que organiza a Biblioteca Municipal, nas súas propias instalacións, coincidindo co Día Internacional de Voluntariado, no que se renderá unha especial homenaxe a todos os voluntarios que participan neste proxecto.
Pola súa banda, nunha carta remitida á Biblioteca Municipal Concello de Verín, asinada polo propio Martin Schulz, o Parlamento Europeo aplaude o obxectivo da iniciativa: “rendir homenaxe ao traballo entusiasta e comprometido de voluntarios novos que axudan a fomentar a lectura entre os nenos máis pequenos, alimentando desa maneira a súa fame de coñecemento e amor polos libros, é de vital importancia para o futuro crecemento como individuos e cidadáns activos».
O presidente do lexislativo comunitario destaca na carta que “aprecia enormemente que a súa biblioteca fomenta a lectura entre as novas xeracións e lles axude a potenciar a súa creatividade e imaxinación, enriquecendo as súas vidas, desenvolvemento habilidades e competencias e ampliando o seu coñecemento, ao tempo que lles axuda a converteser en cidadáns informados na nosa sociedade».