O Sala Ourense celebrou os 100 partidos con vitoria. Quinto encontro de liga do Sala Ourense e cuarta vitoria consecutiva para os homes de Kike que se colocan na segunda posición.
O equipo saiu moi mentalizado ao partido sabendo que a pista do Vilalba é unha das complicadas.
O dominio visitante demostrouse con dous tantos nos catro primeiros minutos (Tizón por partida dobre). Porén os locais reaccionaro deseguido e recurtaron distancias ao minuto cun gol de Álvaro.
Os ourensáns alternaban defensa a mitad de cancha con presión alta co resultado dun novo gol, esta vez coa firma de Diego. Pero o Vilalba non se rendía e lograba recurtar distancias (cun gol de Diego Fente) para marchar aos vestiario co resultado de 2-3.
Na segunda metade os lucenses apretaron aínda máis, pero as boas intervencións do meta ourensán, Darío, fixo que o empate non chegara. O que si chegou foron dous novos goles do Sala Ourense. Guerra e Araújo (este no último minuto) fixeron o definitivo 2 a 5. Unha expulsión local aproveitouna Guerra para lograr o cuarto gol e cando o Vilalba xogaba de cinco, Araújo nun roubo de balón lograba o quinto.
Carballiño
Se o Sala logrou nos catro últimos encontros a vitoria ao Carballiño ocúrrelle á inversa. Os do Arenteiro sumaron os únicos tres puntos na primeira xornada, as catro seguintes foron derrotas.
Neste contexto o Carballiño é penúltimo, décimo segundo, con tres puntos; so por debaixo está o Santiago Futsal B.
Vindeira xornada
O Sala Ourense recibe na casa ao A Estrada. O encontro terá lugar na cancha central dos Remedios este domingo a partir das 12 horas. Seis puntos teñen os da provincia de Pontevedra.
O Carballiño, pola súa banda, visita ao 5 Coruña. O conxunto herculino está un posto por enriba dos ourensáns cun punto máis.