O xoves 20 de outubro, as 16:00 horas, comeza, dentro da Escola de Familia municipal, o club da calceta ‘Tecendo Soños’. Esta iniciativa está destinada a converterse nun lugar de encontro entre as persoas interesadas en compartir a arte de tecer e outras artes (ganchillo, decoración de tellas, alfombras, lectura, etc.).
Devandita iniciativa, inspirada no libro «O Club dos venres» de Kate Jacobs, «oito mulleres, oito maneiras de tecer a vida», terá lugar, todos os xoves en dous grupos (de 16:00 a 18:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas) no edificio da Escola de Familia de Verín. Está aberta a todas as persoas interesadas na aprendizaxe da calceta, sen límite de idade ou sexo, que busquen compartir o seu tempo de lecer nesta actividade. Para a mesma, de carácter gratuíto, será necesario que cada participante proporcione os materiais que precise para desenvolvela.
Na última Feira do Lázaro os traballos dos participantes foron vendidos e a recadación solidaria foi destinada a axudar a familias con menores con dificultades dende Educación Familiar do Concello de Verín.
Ofrecen máis información sobre esta actividade no Centro de Información ás Mulleres (na Casa da Xuventude de Verín) e no teléfono 988 414 776 ou na Escola de Familia no teléfono 988 411 468.