O Día da Bici celebrou a súa 32ª edición e a San Martiño presentouse no Concello de Ourense e celebrará o seu 40º aniversario o vindeiro 20 de novembro.
Ademais en portada sacamos a un Club Ourense Baloncesto que tivo un arranque na LEB Ouro prometedor; en catro xornadas, dúas vitorias e dúas derrotas.
En fútbol, a Unión Deportiva Ourense e o Bande manteñen o seu pulso na Primeira Galicia; os dous comparten liderato cos mesmo puntos. A nota negativa dos unionistas é a lesión de Omar, que o manterá afastado dos terreos de xogo ata o ano que vén. Tamén facemos un repaso aos conxuntos ourensáns da Terceira división e da Rexional Preferente.
O Ourense Envialia de Primeira división de fútbol sala ocupa a sexta posición despois do seu empate na casa contra un dos mellores conxuntos da competición: a Universidad de Alicante. O Cidade das Burgas sumou unha importante vitoria ante un equipo dos da súa «Liga», o UCAM a quen venceu a domicilio. En Terceira división masculina, o Sala Ourense é segundo mentres que o Carballiño é penúltimo.
O Campus Ourense Rugby ten tres citas esta fin de semana. Reanúdase a competición na División de Honra B co Campus visitando ao Crat da Coruña. O equipo filial e o feminino comezan a Liga e a Copa Federación, respectivamente.
Balonmán, judo, xadrez e moito máis no número 148 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha