O Ourense Envialia visitará á cancha do Roldán na séptima xornada da Primeira división.

O Cidade buscará unha nova vitoria diante do Rubí

O Cidade recibe nos Remedios esta fin de semana -sábado, 17 horas, Os Remedios- a outro dos equipos que, en teoría, loitarán polo obxectivo da salvación.

Enfronte estará un Rubí que, cun partido menos, é 14º cun só punto. O partido terá lugar este sábado 22 de outubro, a partir das 17 horas.

Unha vitoria das de Codeso sería importante para ter un bo colchón de puntos con respecto á zona baixa da táboa clasificatoria.

As catalanas empataron co Leganés na primeira xornada e perderon contra Móstoles (1-2), Universidad de Alicante (4-2), Roldán (1-3), e Burela (1-2); o encontro ante Gironella aprazouse ata o 3 de decembro.

A pesar das derrotas e de contar cun só punto no casilleiro, o calendario neste incio de competición foilles moi complicado; enfrontáronse a tres dos cinco primeiros clasificados.

Roldán
O Ourense Envialia ten outra pedra de toque esta semana. O conxunto murciano é outro dos equipos que están a realizar un gran arranque de curso. Quintas clasificadas con 11 puntos están tan só un por abaixo das ourensás.

O partido pinta emocionante, xa que os dous equipo quererán continuar en postos altos da táboa sen perder moita comba cos dous de arriba -Navalcarnero e Universidad de Alicante-.

O perigo, no que se refire á faceta ofensiva, está en Consuelo. A xogadora é a segunda máxima goleadora da competición con sete tantos.

Partido de poder a poder entre dous equipos que queren ser alternativa aos grandes da Primeira División nos último anos, o Navalcarnero e o Burela.