O Melilla chega a Ourense necesitado de vitorias despois de sumar unha soa nas catro primeiras xornadas.
Un equipo que está chamado a loitar pola Liga, verse no pozo da táboa clasificatoria fai que aterricen na cidade das Burgas coa intención de revertir a situación.
Gonzalo García de Vitoria considera a Melilla «o mellor equipo da LEB Ouro» a pesar da situación que atravesa. A mala racha dos centroafricanos preocupa ao técnico cobista, xa que está convencido que chegarána «cos ollos inxectados en sangue» en clara aolusión de que virán coa intención de levarse o partido.
O equipo dirixido por Alejandro Alcoba é décimo quinto cunha soa vitoria e tres derrotas. Perderon na primeira xornada no campo do Marín (78-72), venceron ao Palma (74-68) e logo dúas derrotas consecutivas: diante de Araberri (93-84) e contra o Barcelona (64-80). Uns resultados que nada teñen que ver cun equipo que está chamado a loitar polo título. O propio adestrador asegura que é unha situación “preocupante” pero da que está “seguro”, sairán.
Rivero
Outro que falou na previa do partido é o ex base do COB, Pedro Rivero. Rivero, que non sabe se poderá xogar por uns problemas no tendón de Aquiles (xa se perdeu o último encontro por este motivo), está convencido de que “en canto metamos dúas canastras importantes, a confianza voltará”.
Para o base será “un partido especial” despois de xogar as últimas tres tempadas en Ourense nas que “pasamos momento importantes” , recordaba. O segoviano recoñece que eles -xogadores e corpo técnico- non esperaban “un inicio así” de Liga, pero advirte que non é “un equipo afundido”.
En canto á súa lesión o base agardará ao que digan os médicos para poder xogar ou non contra Ourense; o que ten máis ou menos claro é que non poderá axudar “con moitos minutos no campo”, finalizaba o xogador que marcou unha época no COB.