O COB demostrou ante Retabet e Melilla que está a crecer. Certo é que houbo erros nos dous partidos pero non menos certo é que se logrou a vitoria contra dous equipos que están chamados a estar en postos altos ao final de tempada.
A última vítima foi un Melilla en horas baixas. Con Suka (nos seus primeiros minutos durante a tempada) e Pedro Rivero (lastrado fisicamente) no bando melillense os ourensáns soupero sacar adiante un encontro que se presumía complicado.
Se no anterior partido fora Mitrovic o máis destacado, nesta ocasión tocoulle ao capitán Diego Kapelan. Con 21 puntos (6 de 7 en tiros de 3) foi un dos responsables da vitoria.
No inicio de partido, Flis fixo súa a canastra contraria; os nove primeiros puntos cobistas foron del. Este comezo tivo a súa continuidade durante o todo o cuarto e o segundo para chegar ao descanso con 45-36.
Os norteafricanos reaccionaron no terceiro cuarto. Foi o momento de máis apuro dos homes de Gonzalo García de Vitoria cando o rival se achegaba no marcador. Pero os ourensáns souperon manter ao rival a liña.
Unhas decisións arbitrais desfavorables para os locais fixeron irritar aos seareiros. Porén os equipo soupo templar nervos e lograr unha importante vitoria 77-72.
Tres triunfos consecutivos para poñer o 3-2 (vitorias-derrotas) no casilleiro e situarse na novena posición empatados cos cuartos.