Allariz súmase á celebración do Samaín con actividades os días 29, 30 e 31 de outubro para toda a familia.
Sábado e domingo os adultos poden achegarse a divertirse co Pasaxe do Terror (de 19:30 a 21:30 horas) e o Muiño do Terror (de 22:30 a 23:30 horas), no Muiño do Burato, con pases cada 20 minutos.
E para os pequenos o luns 31 agárdaos un obradoiro de decoración de cabazas (de 17 a 19 horas) na praza Maior (cada cativo debe levar unha cabaza baleira). E de seguido, ás 19 horas, terá lugar o desfile de cabazas.
Xa ás 22 horas a Santa Compaña percorrerá as rúas da vila (con saída na praza Maior) acompañada de todos os que se atrevan a soprenderse e ás 23 horas terá lugar o rtio santificador no campo dos Brancos.
Truco ou trato
Así mesmo, os establecementos de Allariz propóñenlle un xogo a todos os cativos da vila. Os nenos que se acheguen disfrazados aos comercios participantes obterán unha sorpresa.