Baixo o lema “Deporte e Ciencia para a Xuventude” chega á cidade á novena edición do Festival Internacional de Xadrez “Ourense 2016” que
Este torneo é a penúltima proba puntuable do Circuíto Galego 2016, que se ven disputando dende maio ata novembro pola xeografía galega; composto por 15 probas puntuables desputadas ao longo de toda Galicia.
Logo de 9 anos, este festival é xa unha proba completamente consolidada no calendario galego.
A novena edición deste Festival contará con entre 250 e 300 participantes, que serán xoves de entre 6 e 18 anos, escolares e federados procedentes de toda Galicia, Castela León e Portugal.
O evento contará preto de 50 xoves deportistas con ránking internacional feito que, unido á calidade dos premios e a cantidade dos deportistas reunidos convirte a esta cita ourensá nunha das tres máis relevantes citas do panorama Nacional para xoves.
Inscrición
Todos aqueles que desexen participar neste torneo aínda poden inscribirse ata o venres día 28 de Outubro ás 15.00 horas. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do envío dun mail a traxerxadrez@hotmail.com.
Poderán participar neste festival os xogadores nacidos dende o 1998 en adiante.