A andaina presenta dúas posibles rutas, unha longa de 20 quilómetros e outra curta de 13 quilómetros.
A saída terá lugar ás 9.00 horas na rúa Bouza Brey. Durante o percorrido haberá catro puntos de avituallamento.
A camiñada é circular e pasará polas distintas parroquias de Cortegada. Pasará ao carón do río Miño e por zonas de gran beleza da localidade.
Os interesados en participar poderán inscribirse ata cubrir as 350 prazas chamando ao Concello de Cortegada para anotarse, e o prezo da inscrición será de 8 euros que inclúe un agasallo conmemorativo, avituallamento, comida a base de callos, bebida e servizo de fisioterapia.
Esta iniciativa está moi consolidada. Actualmente contan con máis de 300 inscritos e desde a organización queren alcanzar os 350.