Un medo irracional percorrerá as rúas da Valenzá o venres 28 de de outubro con motivo do Samaín. Barbadás volve a celebrar a festividade de orixe celta cun programa lúdico de actividades que abrangue máis dunha xornada e dirixidas a todo tipo de público.
Para os pequenos, comenzouse a semana, de 17,30 a 19 horas da tarde, con obradoiros temáticos de maquillaxe e efectos especiais, abalorios, cabazos, decoración etc., organizandose para poder asistir este venres á “Procesión das ánimas”. A marcha, dirixida a todos os públicos, sairá do Parque da Solaina da Valenzá ás 20,00 horas da tarde, adentrarase no casco vello cas cabazas, disfraces etc, e estará amenizada por un música ténebre e figurantes.
Un contacontos “Cousas de defuntos e outros asuntos”, ás 20,30 horas da tarde na Casa Municipal da Xuventude, dirixido a un público adulto, porá o broche final á xornada.