O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez seguen traballar en conxunto para ofrecer ó visitante que se achegue a Celanova a mellor atención e o acceso novamente a todo o seu patrimonio monumental e inmaterial.
Así, durante este inverno a oficina de turismo municipal permanecerá aberta de martes a venres de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 horas. E sábados e festivos de 10:30 a13:30 e de 16 a 18.
A Casa dos Poetas, de martes a sábado, de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas.
E a Torre de Vilanova de mércores a venres de 16 a 19 horas e sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 16 a 19 horas. Ofrecerase a posibilidade de realizar un paseo guiado ata a Cova de San Vivián con acceso incluído.
Tamén haberá visitas guiadas, de martes a sábado, polo Mosteiro de San Salvador e a Capela de San Miguel ás 11:00, 12:30 e 16:30; e á Torre das Campás ás 12:00 e 17:30 horas. E á Castromao para grupos con reserva previa.
Sábados micolóxico-turísticos
O proxecto cultural e turístico ‘Rosenlands’ organiza en colaboración coa Fundación Curros Enríquez e os Concellos de Celanova, Verea e Bande unha serie de xornadas nas que a micoloxía será a protagonista.
Serán os sábados 29 de outubro e 5 e 19 de novembro e durante os cales se realizarán saídas micolóxicas para a búsqueda de cogomelos no monte así como un magosto e obradoiros de produción de cogomelos en sacos e micorrización en piñeiros e castiñeiros.
Abertos ó público en xeral, para a participación é preciso unha inscrición previa a través dos teléfonos 696.29.96.08 ou 620.15.30.20. O aforo mínimo será de 25 persoas por día. Ainda hai prazas para todas as xornadas.