A Unión Deportiva Ourense abónase tanto a gañar como a sufrir. Certo é que oito partidos consecutivos gañando está ao alcance de moi poucos, como tan certo é que nos últimos os unionistas están a sufrir para sacalos adiante. Contra o Antela non foi menos.
Nos primeiros minutos a UD Ourense desaproveitou tres ocasións que facían presaxiar o que despois ocorreu; os homes de Antonio Dacosta tiveron que padecer para sacar os tres puntos.
A dianteira ourensán estivo moi activa nos primeiros compases. Adrián foi o home máis activo e polas súas botas acariciouse o gol. Un remate que se marchou pola liña de fondo por pouco, un centro que Cristian Díaz non puido executar do mellor xeito e un man a man do dianteiro centro que non soupo resolver diante do porteiro visitante.
A partir de aí, o anoitecer, e noche pechada cando os limiaos adiantabanse a balón parado.
No segundo tempo fiel ás últimas xornadas, Dacosta fixo os cambios nos primeiros minutos. Todo para buscar a tecla que lle dera a volta ao marcador.
Porén foi un do 11 titular, Fran Martínez, o que o fixo posible revertir a situación. Seu foi o primeiro gol ao rematar un saque de esquina botado por Rubén Durán. Minutos despois, un centro de Martínez aotopou ao socio perfecto na figura de Hugo para lograr o segundo tanto.
Os tres puntos estaban no peto, non sin antes sufrir algunha acometida do Antela, ata que o árbitro determinou que o tempo chegou ao final.