Nova xornada na que os dous equipos ourensán da Primeira división de fútbol sala logran a vitoria.

Envialia e Cidade suman de tres en tres

O Ourense Envialia logrou a vitoria diante do Gironella (3-2) e o Cidade impúxose a domicilio ao Rioja (0-4).

Envialia
O Ourense Envialia tivo que sufrir para sumar tres novos puntos que o manteñen na terceira posición con 18 puntos.

E iso que as de Chipi dominaron o primeiro acto o que as levou a dominar o marcador por tres goles a cero.

Espi transformaba un penalti no minuto seis para adiantar as locais. As xogadoras do Gironella protestaron moi avidamente a acción. Bea Seijas, tres minutos máis tarde, ampliaba a súa renda aproveitando un rexeito. Unha gran xogada das ourensás con pase en diagonal ao segundo pao foi rematado pola canteirana Antía para facer o terceiro da tarde.

Antes do descanso Pilar recurtaba distancias para deixar o partido máis aberto de cara á segunda parte.

As visitantes creron nas súas posiblidades e estiveron máis intensas no segundo período. O empuxe das catalanas fixeron que, de novo, Pilar culminara unha boa transición do seu equipo.

O Gironella optou polo xogo de cinco dominando os ultimos minutos de encontro. A pesar dos apuros das albinegras o marcador non se movería e a vitoria se quedaría en Ourense.

Cidade
Importante a vitoria do Cidade na cancha dun rival directo: o Rioja. Cero a catro e tres puntos máis para as ourensás que suman xa 12 puntos (oitavas).

O partido tardaría en definirse cara ás franxiverdes. Na primeira metade foron máis dominantes as locais, pero a falta de definición acabaou coas súa posibilidades. As ourensás limitáronse a buscar as súas ocasións á contra.

Na segunda parte apareceu a pegada de Iria para volcar o partido do lado do Cidade. Aos dous minutos da reanudación xa marcara o primeiro tanto. Catro minutos máis tarde, Sonia Pacios faría o segundo o que aliviaba ás visitantes.

A pesar de que as locais continuaron dominando o encontro non foron capaces de traducir ese dominio en goles. Cando máis volcado estaba o Rioja dous goles máis, en contra, aputalaron a súa derrota. Iria nunha contra regateou á porteira e lograba o terceiro, e nos últimos segundos a mesma protagonista poñía o definitivo 0-4 no marcador.

Oitavas con 12 puntos as de Manolo Codeso deixan o descenso a 11 puntos.