Nova xornada e nova vitoria para o Sala Ourense de Terceira división de fútbol sala.
Os de Kike García lograron a sexta vitoria consecutiva e con ela manteñen a segunda praza. Lonxe queda a primeira xornada na que caera diante da Pontenova por 6 a 2.
Ante o Mosteiro Bembrive os ourensáns impuxéronse por 2 goles a 5. Nos primeiros compases as ocasións foron dos locais ata que no ecuador da primeira metade o Sala Ourense fíxose co tempo do partido.
Tizón aos 10 minutos adiantaba aos visitantes e antes do descanso, Fente lograba o 0 a 2.
Tralo descanso novo gol ao minuto da reanudación, obra de Araújo (0-3). Porén os locais non se virían abaixo e Borrajo recurtaba distancias co un a tres aproveitando a superioridade concedida ao ser expulsado Hugo.
O que podería ser un inicio de remontada, Tizón encargouse de que non fora tal ao lograr o cuarto tanto (1-4). E un minutos máis tarde, Allariz facía o un a cinco.
Logo chegaría a expulsión de Tizón, aínda que non foi aproveitada polo Bembrive durante os dous minutos de superioridade.
No tramo final, e apostando os vigueses polo xogo de cinco, Gesteira faría o 2 a 5 definitivo.
Carballiño
O Carballiño logrou unha importantísima vitoria diante da Pontenova. Os de Arenteiro lograron golear 10 a 3 e sumar tres novos puntos.
Esta vitorias fai que o Carballiño suba ata a sétima posición con sete puntos.