As obras para a execución da liña eléctrica de alta tensión para a futura Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Reza obrigan, novamente, a desviar o paseo das Ninfas a partir de mañá venres 4. Como xa ocorrera en ocasións anteriores, a empresa que executa as obras ofrece un percorrido alternativo para que todos os usuarios do paseo poidan gozar da zona.
As actuacións na zona rematarán o vindeiro 18 de novembro, polo que o Concello de Ourense recomenda seguir as indicacións sobre o terreo e non transitar polas zonas pechadas ao tránsito.