O Campus Ourense Rugby sufriu a primeira derrota da tempada como local, ante Bera Bera. O club vén de anunciar o convenio que o mantén ligado á Universidade de Vigo por un ano máis.
O COB recibe esta xornada a Marín Peixegalego no que será o primeiro derbi galego da tempada no Pazo.
A Unión Deportiva Ourense toma vantaxe na eliminatoria dos oitavos de final da Copa Deputación ante o Arenteiro ao vencelo no Couto por un gol a cero.
En BTT, comezou a tempada para o Club Ciclista Maceda como rematou a anterior: cos seus deportistas en podio. En judo, celébrase a última xornada da fase de grupos da Liga de clubs de judo «Cidade de Ourense».
Máis de 3.000 persoas xa están inscritas na carreira popular do San Martiño que este ano chega a súa 40ª edición. Unha carreira popular de 10 km celébrase o domingo 6 en Albarellos -Monterrei-.
Xadrez, tenis de mesa, balonmán, tiro, e moito máis, no número 149 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha