O Club Ourense Baloncesto recibe a Marín este sábado a partir das sete da tarde.

Primeiro derbi galego no Pazo

O Paco Paz acollerá o seu primeiro derbi galego da tempada e o segundo do conxunto cobista. Enfronte estará un Marín Peixegalego que semellaba ía ser unha das cinsentas pero que está a demostrar que hai que telo moi en conta.

Os de Marín contan nestas seis primeira xornadas con dúas vitorias e catro derrotas.

O encontro entre ourensáns e pontevedreses disputarase este sábado 5 de novembro ás 19 horas no Paco Paz coa TVG2 coma testemuña.

Este é un derbi inédito da LEB Ouro e cóntase que desde Marín cheguen preto de 150 persoas para arroupar ao Peixegalego.

O adestrador cobista, Gonzalo García de Vitoria, poderá contar con todos os xogadores para este encontro. Ao técnio preocúpalle as numerosas perdas de balón que lastran ao equipo en cada partido desde que arrancou a tempada. «É algo do que falamos moitos e o estamos a mellorar, aínda que é o que máis me preocupa», aseguraba García.

Plantilla
Aínda que algo curta a plantilla dos pontevedreses ten nomes aos que hai que ter moi en conta. Andrés Miso, Jason Cain -dúas xornadas consecutivas MVP-, Tim Derksen, Javi Mújica e José Simeón, son nomes propios que están a darlle competitividade a un equipo recén ascendido.