O Cidade das Burgas logrou a quinta vitoria da tempada e comeza a pensar en facer algo máis aló da simple loita pola salvación.
O equipo de Manolo Codeso logrou unha vitoria ante un rival, o Poio, ao que adiantou na clasificación.
A primeira metade foi de moito mérito para as locais. Dominadoras dos 20 primeiros minutos lograron irse a vestiarios cun gol a cero; un pao e un longueiro de Iria e Candela, respectivamente, impediron que a vantaxes fora maior.
Na segunda metade as visitantes estiveron máis asentadas no campo grazas ao gran traballo da internacional Ceci. Porén sería o Cidade, por mediación de Figo, a que lograría o 2 a 0.
Sonia Pacios a falta de catro minutos poñía o 3 a 0 e deixaba moi de cara o encontro. O Poio co xogo de cinco buscou unha remontada que non chegou. A falta dun minuto, Charo (que facía de porteira xogadora) lograba o único tanto das visitantes.
O Cidade acada tres puntos que fai que suba á sexta posición con 15 puntos.
Envialia
O Ourense Envialia sufre a primeira derrota da tempada. E o fixo na pista do Burela. Este traspés fai que baixe ata a quinta posición e quede a nove puntos do primeiro clasificado -Futsi- e a sete do segundo -Universidad de Alicante-.
Un gol de Lara, ao filo do descanso, foi suficiente para que as lucenses se levaran os tres puntos, e así, adiantar ás ourensás na táboa.
O partido foi de respeto mutuo, con ocasión para ámbolos dous conxuntos. Chipi optou polo xogo de cinco nos últimos minutos de encontro pero a derrota foi un feito co pitido final.