O Galaico Pontevedra foi superior ao resto de equipos.

Xornada irregular para o CNPO na Liga de clubs

Xornada un tanto irregular, esta primeira, para o Club Natación Pabellón Ourense na Liga de clubs de División de Honra.

Nesta primeira xornada o dominio foi do Galaico Pontevedra ante o resto de adversarios.

O Natación Ourense soamente puido ser quinto, aínda que a moi poucos puntos do terceiro clasificado, o Ferrol.

O máis destacado dos ourensáns foron algunha que outra boa marca. Como a de David González en 100 braza e José Moure en 200 costas; os dous acreditaron mínima para o Campionato de España. Ademais, Marcos García foi segundo en 50 libres.

A estratexia, a partir de agora, será a de pensar nas dúas xornadas clasificatorias para a loita polo título. Nunha delas os nadadores ourensáns terán a favor o que se dispute na casa. Tamén os relevos femininos sufrirán algúns axustes para ser máis competitivo.

Ligas
As vindeiras citas para os integrantes do Club Natación Pabellón Ourense serán o 19 de novembro. Na piscina Rosario Dueñas disputarase a Liga alevín e benxamín, mentres que en Pontevedra celebrarase o Campionato de Galicia de longa distancia.