Allariz acolle esta fin de semana, 12 e 13 de novembro, a vixésimo primeira Feira de Outono.
O evento gastronómico ten por obxectivo promocionar, potenciar e valorizar os produtos de outono. Así, no pavillón do Instituto de Allariz máis dunha trintena de produtores venderán mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados, entre outros. Estará aberto os dous días, sábado e domingo, de 10:30 a 20 horas.
Haberá unha exposición micolóxica, no Mercado de Produtos da Reserva da Biosfera, e charlas coloquio sobre cogomelos, concursos e demostracións de cociña en vivo, ademais de actividades para adultos e maiores, como saídas ao monte en busca de cogumelos ou xogos populares. O domingo a partir das 11:30 horas desenvolverase o concuso «Tapa fría de outono» destinado a cociñeiros afeccionados, que premiará con 100 euros e diploma a mellor elaboración.
Asemade, 14 restaurantes e taparías da vila ofrecerán menús e tapas elaboradas con produtos de outono, con prezos que oscilan entre os 3,5 euros dunha tapa aos 25 euros do menú máis caro.