O vindeiro 17 de novembro non haberá postos de comida na feira de Ourense, por mor das obras de mellora do chan, mesas e elementos comúns do Campo da Feira. Si que se manterán os postos de venda de produtos agrícolas no exterior, así como o tradicional mercado no parque Barbaña.
As obras que comezaron esta semana no Campo da Feira contan cun orzamento de 42.000 euros, cantidade da cal o 70% é achegada pola Xunta.
Os traballos consistirán en reposición e reparación dos paneis do chan, fregadeiros e mesas, aparte de outros traballos de mellora nas zonas comúns. As previsións apuntan a que estarán rematados a finais de mes.