O Club Ourense Baloncesto xogará este sábado, 19 horas, no Paco Paz ao equipo revelación da LEB Ouro: o Araberri.
Sen tempo para celebrar a última vitoria na cancha do Palma, os homes de Gonzalo García de Vitoria teñen un novo reto diante. Superar a un equipo que chega a Ourense con grandes sensacións.
O equipo de Vitoria é un recén ascendido e está realizando un inicio de tempada moi destacado. Coas mesmas vitorias que os ourensáns (cinco), os vascos están un posto por debaixo na clasificación, sétimos.
O Araberri é un equipo moi compensando. Foi o último en fichar e o fixo ben. O keniata Zaid Hearts-Okpalannaka é o segundo máximo anotador da Liga cunha media de 17 puntos por encontro. Pola súa banda, o eritreo Johnny Berhanemeskel tamén ten facilidade anotadora ao sumar 14,5 puntos por encontro.
Pero os alaveses son máis ca iso. O equipo, que está nesa posición por méritos propios, ten a grego Papapantoniou como guía no campo, cunha boa visión do xogo. Ademais, un vello coñecido da parroquia ourensá como é Kyle Rowley é unha boa referencia baixo o aro á hora de coller rebotes.
Un partido que se presume atractivo entre dous equipos que chegaron tarde ao mercado de fichaxes e que están mellor do que se esperaba deles ao inicio de curso.