O partido correspondente á décimo segunda xornada da Primeira Galicia será no estadio do Couto a partir das 16:15 horas.

A UD Ourense buscará manter a racha dianta do Peroxa

A Unión Deportiva Ourense ten unha nova oportunidade de seguir sumando. Sinxelo non vai ser xa que A Peroxa non perdeu ningún partido como forasteiro.

O rival dos unionistas é décimo segundo con 12 puntos e conta nas súas filas cun dos piares dos dous primeiros anos de historia da UD Ourense: Julio Salgado. Porén o dianteiro centro non poderá disputar o encontro debido a unha inoportuna lesión.

A vitoria da UD Ourense suporía a décima consecutiva do equipo dirixido por Antonio Dacosta. A única derrota da tempada foi na segunda xornada no Couto diante do Allariz. Entón o resultado foi de 1-2 para os alaricanos; desde ese momento: nove vitorias en nove partidos.

Xunto ao Ourense, o Bande. Mesmos puntos (30), e os dous conxuntos xa teñen un colchón de seis puntos con respecto ao terceiro clasificado, o Maside. Os da Baixa Limia xogarán esta xornada contra o Taboadela.

Xornada
O resto de partidos desta xornada son: Viana – Francelos; Celanova – Arnoia; Xunqueira – Monterrei; Vilariño – Antela; Allariz – Velle; Cortegada – A Manchica e Ribeiro – Maside.