O derbi aparecía en escena cando os dous equipo estaban na clasificación moi igualadas. Mentres que o Envialia era quinto con 18 puntos, o Cidade estaba na sexta posición con 15.
O partido prevíase moi disputado e cun marcador moi xusto. A primeira premisa deuse pero non así a segunda. O Envialia demostrou a súa superioridade ante un equipo que está en plena construcción.
E iso que quen golpeu primeiro foi o Cidade das Burgas que nesta ocasión facía de equipo visitante nos Remedios. Iria Saeta introducía o balón no fondo da portaría defendida por Vanessa Barberá.
O Ourense Envialia, que comezou o encontro presionando xogadora a xogadora para asfixiar a saída de balón do rival, viuse co tanto en contra. A pesar do revés seguiu co seu plantexamente e deseguido deulle a volta ao marcador.
A estratexia funcionou para as de Chipi e con dous goles seguidos puxeron o 2-1. Sara Moreno ao saque dunha banda e Iria, en propia porta, unha vez lanzado un córner puxeron en vantaxe ás albinegras.
As locais o seguirían tentando, pero unha acertada Ana Lastra mantería ao seu equipo con opcións no segundo tempo.
O último acto comezou coas franxiverdes indo a polo empate. Subiron a liña de presión en busca de roubar e lanzar unha contra letal, pero non tiveron apenas ocasións. A maioría do tempo buscaban, cun lanzamento lonxano, á pivote para que se pelexara coa súa par e con Barberá.
O Ourense Envialia agardaba a que se fora madurando o encontro. Coa pouca rotación no banco do Cidade esperaron a que o cansanzo fixera mella nas rivais e así matar o partido. O terceiro chegaba despois de varias ocasións claras; Antía lograba quedarse soa ante Lastras e batila. Andrea fixo subir o quinto de xogada parecida. E Bea Seijas, cando o Cidade optara polo xogo de cinco, anotou o quinto desde campo propio.
Un partido desigual entre dous equipos que sempre dan a cara. O Ourense Envialia deu un paso máis para superar a quinta praza do ano pasado; ao Cidade das Burgas tócalle aprender dos erros.