O Parque Sport foi o vencedor da Segunda división masculina.

Arteixo e Famu Vigo, gañadores da Liga de judo

Os clubs Arteixo e Famu Vigo foron os gañadores da XIV Liga de judo “Trofeo Cidade de Ourense”. O Parque Sport foi o vencedor na Segunda división.

O 12 de novembro disputáronse as semifinais e finais de Primeira e Segunda masculina e de Primeira feminina. O único representante ourensán en competición foi Felipe Iglesias, quen defendeu os intereses do Jiu Jitsu Coruña, de Segunda.

Na Primeira división masculina Arteixo – Shiai Coruña e Famu Vigo – Bitácora foron os emparellamentos nas semifinais. Arteixo e Bitácora derrotaron aos seus rivais e se viron nunha final que gañaron os primeiros.

Na loita polo título de Segunda e o ascenso de categoría Famu Vigo B – Compostela Judo e Parque Sport – Jiu Jitsu Coruña enfrontáronse nas semifinais. o ourensán non puido loitar polo título, xa que o Jiu Jitsu Coruña caeu diante de Parque Sport, á postre vencedor desta categoría. Na final derrotou ao Famu Vigo B.

Feminina
Na Primeira feminina repetición das semifinais do ano pasado. Famu Vigo e Universidade de Coruña loitaron por un posto na final, mentres Shiai Coruña e Parque Sport fixérono polo outro. Accederon ao encontro definitivo Famu e Shiai, vencendo o club vigués.

A competición, patrocinada polo Consello Municipal de Deportes, punteira no panorama ibérico que reúne aos mellores equipos do norte de España, despídese ata a edición do ano que vén.