Despois de que se tivera que aprazar o arranque das ligas de fútbol gaélico, estas deron comezo esta pasada fin de semana.
A Liga comezou co partido das ourensás do Auriense en Lalín enfrontándose ao Herdeiras de Dhais. O resultado foi de 25 a 22 para as locais, nun partido moi disputado que se decidiu nos derradeiros segundos.
Tamén se disputou unha xornada da Liga Gallaecia mixta, onde as Afiadoras, de Ourense, lograron a primeira vitoria da tempada. As Afiadoras derrotaron ao Cascarilha por 19 a 3.
Vindeira xornada
O club ourensán Auriense F.G., único representante deste deporte na provincia, debuta en Liga na casa con dous encontros, o do equipo masculino e o do feminino. Este domingo o Campus de Ourense acolle os dous encontros; ás catro da tarde disputarase o Auriense contra o Cambados, en homes, e ás 17 horas, o Auriense Ártabras, en mulleres.
Arranca pois, unha competición nas que o club ourensán espera dar o mellor de si e ser o máis competitivo posible.