No equipo feminino e masculino.

Derrotas do Nova Xestión

O Nova Xestión, de Primeita autonómica masculina, recibía no exilio do pavillón de Oira ao líder da competición, o Camariñas. Os ourensáns saíron coa intención de contrarrestar a velocidade do equipo rival.

A primeira metade foi moi igualada e rematou co resultado de 12 a 11 despois de que nos últimos instantes unha contra do equipo visitante rematara en penalti (transformado) e exclusión; ademais da lesión de Gabriel nun brazo.

No segundo tempo máis do mesmo; igualdade entre os dous ata que, unha racha de cinco erros consecutivos no ataque do Nova Xestión fixo que se foran no marcador os de Camariñas.

A partir dese momento, os líderes xestionaron a vantaxe, xunto a algunha decisión arbitral moi discutida polos homes de Diego Lorenzo fixo que se esfumara a vitoria. Ao final, 20-25 para o Camariñas e o Nova Xestión que colócase sexto clasificado.
O Poio será o próximo rival dos ourensáns a vindeira fin de semana.

Feminino
No mesmo pavillón de Oira recibía o conxunto feminino, de Segunda autonómica, ao Carballal. As rapazas ourensás estiveron fóra do partido desde o comezo.

Erráticas e sen despregar o seu xogo habitual, caeron con contundencia (17-30). En ningun momento inquedaron o equipo do Carballal que con máis banquillo superaron en intensidade ás de Zarra. O Nova Xestión é quinto.
Esta semana visitan ao Lucus Apetéceme.

Base
O equipo xuvenil venceu con contundencia (23-40) na pista do Cañiza. Vitoria tamén cómoda para o cadete en Lugo (25-39). O infantil masculino perdeu en Cangas por 31-22, mentres que as rapaces lograron a vitoria diante do Coia por 29-25. As cadetes caeron derrotadas por 35-42 ante o Seis do Nadal.

As escolas de balonmán xa comezaron a funcionar esta tempada.