Máis dun centenar de púxiles participaron na velada.

Copa Deputación de boxeo. RAMSÉS.

Copa Deputación de boxeo. RAMSÉS.

Copa Deputación de boxeo. RAMSÉS.

Copa Deputación de boxeo. RAMSÉS.

Copa Deputación de boxeo. RAMSÉS.

Copa Deputación de boxeo. RAMSÉS.

Despois da disputa das categorías de máis pequenos tocoullo o turno aos combates en categoría sénior.

A velada tivo lugar no Paco Paz o pasado sábado 19 de novembro.

No primeiro combate da noite e tras consumir os tres asaltos, os xuíces decretaron nulo a pelexa entre Luis Arturo (CLub Olimpo´s) e Mario Peleteiro (Thunder Team). O continuo intercambio de golpes non levou á vitoria a ningún dos dous.

No segundo combate, o local Juan Carlos Estévez levouse o triunfo ante o compostelán Andrés Magallanes. Estévez soupo levar a iniciativa o que lle levou a gañar o combate.

O terceiro combate trouxo a novidade ao ring ourensán. Ao cuadrilátero subíanse dúas mulleres para realizar o primeiro combate feminino na cidade das Burgas. Dúas púxiles, de Madrid e Noia, pelexaban para coñecer á primeira gañadora dun combate de boxeo en Ourense. Finalmente foi, aos puntos, a madrileña, Bárbara.

O subcampión nacional de fullcontact Óscar Mira (Club Olimpo´s) subíase á lona para desfacerse do seu rival sen contemplacións e de forma unánime polos xuíces.

Simón González
Tralo cuarto combate a velada fixo un receso para realizar unha sentida homenaxe ao 13 veces campión do mundo de fullcontact, Simón González.

A continuación celebrouse o quinto combate no que o local Fabio Bouzas (Club Olimpo´s) non tivo o seu mellor día; o ourensán perdeu por KO técnico no primeiro asalto ante o vigués Sergio Castro -varias veces campión galego de fullcontact-.

A velada remataría co sexto combate (estaban previsto sete pero o último non se puido disputar por incomparecencia do rival do local Manuel Jiménez «Nono». Neste combate Abraham Benito (Club Olimpo´s) foi quen de vencer a Berto Loureiro (campión galego e bronce nacional de boxeo). Un combate moi equilibrado no que os dous púxiles intercambiaron e souperon encaixar golpes e no que, finalmente os árbitro decretaron vencedor a Benito.

Infantís
En categoría infantil -desde os 6 ata os 15 anos- tivo unha nutrida participación. Todos os participantes recibiron unha mochila como obsequia á súa participación.