Antes do encontro entre a Unión Deportiva Ourense o A Manchica -domingo, 16:15 h estadio do Couto- terá lugar a presentación dos equipos da base do club.
14 equipos da base, ademais de 30 rapaces da escola de iniciación son os que recibirán o aplauso dos afeccionados. Desde o club queren que todos eles vivan un día de fútbol e coñezan o estadio no que, como apuntaba o presidente Modesto García «algún día xogarán nel».
Ademais, antes do encontro, farase un minutos de silencio en recordo do pasamento da nai do capitán do equipo, Xurxo. No partido contra o Bande xa se gardara un minuto de silencio, pero a directiva acordou facelo tamén no Couto «no campo de Xurxo» como apuntaba o presidente.
Sobre o partido, os de Antonio Dacosta terán enfronte ao pechancancelas da Liga. A Manchica suma 6 puntos, porén cinco sumounos nas últimas tres xornadas, polo que o equipo está en claro crecemento.
Un partido no que os unionistas tratarán de seguir sumando para así, non perder comba co Bande. Precisamente os da Baixa Limia teñen un complicado desprazamente ata o campo do Allariz.
Cerveza UD Ourense
Este sábado na Cervexaría Áncora (R/ Santo Domingo) presentarase, a partir das 20 horas, a nova edición da cervexa da Unión Deportiva Ourense.
Unha cervexa rubia máis suave no paladar con respecto á primeira, que era tostada. Con máis aroma e segundo os entendidos «máis popular, máis bebible».
Ademais a marca de cervexas Áncora patrocinará ao equipo feminino sénior.