O Ourense Envialia recibe ao Alcorcón -este sábado ás 17 h nos Remedios- e o Cidade das Burgas visita ao Móstoles.

Envialia e Cidade ante a última xornada do ano

A Primeira división de fútbol sala despídese ata o ano que vén coa disputa da décimo segunda xornada esta fin de semana.

Despois, cinco semanas de parón entre os compromisos da selección española e o Nadal.

Por iso é importante esta semana; seguir sumando puntos e marcharse ao parón cun bo sabor de boca serán as dúas premisas coas que afronten esta xornada os dous conxuntos ourensáns.

Envialia
O Envialia recibe a un dos mellores equipos da Liga: o Alcorcón, de Vane Sotelo e Ana Rivera.

Dous equipos que loitan por estar o máis arriba posible na clasificación e, senón fora polo Futsi, loitar polo título.

Dous puntos separan na clasificación a ourensás de madrileñas, con vantaxe para as segundas.

Agárdase un partido entre dous conxuntos que pelexarán desde o primeiro minuto por ter o dominio, contrarrestando as cualidades do rival. As dúas escuadras farán unha forte presión á saída do balón do adversario, polo que se prevé un encontro con moitas alternativas.

Cidade
O Cidade, pola súa banda, visita ao Móstoles. Dous equipos con dinámicas opostas. As madrileñas xoguetearon nas primeiras xornadas cos postos altos, porén agora baixaron ata a undécima (12 puntos). As ourensás, despois dun comezo máis titubeante lograron unha boa racha nos últimos encontros que as levaron a subir á sexta posición con 18 puntos.

Masculino
En canto á representación ourensá na Terceira e Segunda división B, dicir que o Pizarras los tres cuñados recibe ao San Jose (sábado, 18:30 h Calabagueiros) na novena xornada da 2ªB. En Terceira división o Sala Ourense recibe este domingo -12 horas, Os Remedios- ao La Peña Talleres ABC e o Carballiño visita ao Vilalba.