A Unión Deportiva Ourense golea 5 a 1 ao Manchica nun partido gris.

UD Ourense - A Manchica. RAMSÉS.

UD Ourense - A Manchica. RAMSÉS.

UD Ourense - A Manchica. RAMSÉS.

UD Ourense - A Manchica. RAMSÉS.

UD Ourense - A Manchica. RAMSÉS.

UD Ourense - A Manchica. RAMSÉS.

UD Ourense - A Manchica. RAMSÉS.

UD Ourense - A Manchica. RAMSÉS.

UD Ourense - A Manchica. RAMSÉS.

UD Ourense - A Manchica. RAMSÉS.

Na décimo cuarta xornada os homes de Antonio Dacosta colócanse líderes trala goleada ante A Manchica e o empate do Bande contra o Allariz (1-1).

No estadio do Couto víronse goles, pero non se viu moito fútbol. Os unionistas tiraron de oficio para lograr os tres puntos en disputa ante un Manchica que aguantou 70 minutos.

Ao minuto oito de encontro os locais xa dominaban co gol de Xaco, que aproveitou un saque de esquina de Cristian Dacosta. A Manchica non tardaría en reaccionar e seis minutos máis tarde poñía o un a un no electrónico do Couto.

O partido dicorría sen moita tensión ata que no ecuador do primeiro tempo penalti a Xaco; o encargado de transformalo era Cristian Dacosta. Con ese resultado remataría a primeira metade, antes -no 30- Xurxo deixaba por lesión o terreo de xogo.

No segundo tempo o conxunto visitante aguantou ata que chegou o terceiro gol. A mala sorte fixo que o porteiro fallara na súa saída dun saque de esquina; Dacosta facía o terceiro e poñía terra de por medio.

Á tranquilidade do marcador uniuselle o baixón anímico e físico dos da Manchica. Os últimos 20 minutos supuxeron un suplicio e con eles, dous goles máis.

Toni lograba o cuarto tanto para os locais, e despois de varias ocasión -as máis claras un balón ao pao de Sotelo e outra de Unai- un novo penalti, nesta ocasión contra Unai era pateado por Dacosta. Quinto gol da tarde para a UD Ourense e terceiro na conta particular do dianteiro.

Líderes
Tres puntos que supoñen situarse de líderes, na Pirmeira Galicia, tralo tropezo do Bande no campo do Allariz. Os de Iván González perdían 1-0 e lograron o empate no tempo de desconto. Anteriormente erraran un penalti.

Con estos resultado, primeiro é a unión Deportiva Ourense con 37 puntos e Bande segundo con 35. O grupo perseguidor está comandado polo Velle (venceu ao Xunqueira por 0-4) con 27 puntos. O Maside, que perdeu contra o Cortegada 1-0, é cuarto con 25 puntos.