Tivo que sufrir o Sala Ourense para vencer e recuperar o liderato da Terceira división.
Os primeiros minutos foron de alternativas para os dous equipos. Dominio dos locais e un equipo visitante que buscaba a sorpresa á contra ou con balóns longos e directos.
A catro minutos do descanso foron os de Coruxo os que se adiantaron no marcador, 0 a 1, co que se chegou ao descanso.
A segunda parte comezou como a primeira: o Sala tentando mimar o esférico e o Talleres buscando as súas opcións con balóns colgados á área rival.
Nunha xogada ofensiva local o balón foi interceptado na área cun brazo dun defensor. Guerra foi o encargo de transformar a pena máxima (1-1).
Os últimos minutos foi un continuo cúmulo de ocasións por parte dos dous equipos. Cada un coas súas armas buscaron o gol. Este non chegaba, unhas veces, polas intervencións dos porteiros, outras, polos paos que repelían o balón.
Cando restaban catro minutos para rematar o encontro, a dobre amarela a Tizón supuxo que os locais tiveran que xogar dous minutos cun xogador menos. A pesar de que os vigueses se volcaron para acadar o gol, este non chegou.
O que si o chegou foi o da vitoria ourensá. Con segundos para que finalizara o encontro, os visitantes cometeron a sexta falta. Kike García saca ao campo a Rodri para lanzar o dobre penalti. Este logra o gol que lle daría a vitoria ao seu equipo.
Carballiño
O Carballiño perdeu na casa do Vilalba por 3-1 e co 12 puntos é 12º.
A vindeira semana o Sala Ourense visita ao Bueu, cuarto clasificado, mentres que o Carballiño recibe ao Estrada.