A pasada fin de semana o ciclista do Academia Postal Actyon MMR, Carlos Canal, subiuse ao podio ao rematar primeiro na carreira de categoría cadete.
Ademais o club ourensán logrou tres podios máis. Así, Iván Feijoo remataba terceiro entre os júniors. Noela Saa e Aida González finalizaban, segunda e terceira, respectivamente na categoría cadete. Pola súa banda, Marco Nube, era sétimo en cadetes, sendo o seu primeiro «top ten» na Copa de España.
Copa de Galicia
O resto do equipo participaba a mesma fin de semana na Copa de Galicia celebrada en Dumbría.
Román Saa, sub 23, lograba a terceira posición (décimo na xeneral). Tamén terceira, pero en cadetes, chegaba a meta Antía Martínez, o que lle fai conservar o maillot de líder da Copa.
Na proba da Taça de Portugal, Abel Franco lograba o segundo posto en júniors, moi preto de acadar a vitoria.