Despois dun mes de novembro cargado de partidos chega un mes de decembro que non se lle chega atrás en esixencia.
E proba delo é este primeiro partido do mes. Enfronte estará un Burgos que marcha oitava cunha vitorias menos que os ourensás (sete dos casteláns por oitos dos galegos).
O Burgos estaba nas quinielas do inicio de Liga como un dos equipos que seguiría na clasificación aos máximos favoritos ao título.
Son un dos equipos fortes da competición con dous xogadores de nivel por posto, ademais de coñecer, a maioría deles, a LEB Ouro.
Pero o COB é o mellor equipo do temido mes de novembro, por iso acudirán ao Plantío para buscar a novena vitoria do curso.
Cos pés no chan
A pesar do bo comezo, o técnico Gonzalo García de Vitoria é cauto e avisa de que a pesar do bo comezo «queda moita liga».
Para Gonzalo o primeiro paso «é acadala salvación» e despois «poderase falar doutras cousas».
Pleno do Concello
Ourense en Común aproveitará a quenda de rogos e preguntas do pleno deste venres para pedir ao goberno o cumprimento do acordado o pasado mes de agosto, en que saía adiante unha moción do grupo para iniciar os oportunos estudos económicos e xurídicos para desprenderse das accións titularidade do Concello de Ourense na Sociedade Anónima Deportiva Club Ourense Baloncesto.
A moción foi entón aprobada cos votos a favor de toda a oposición.
“Os bos resultados que está acadando o clube fan desexar que o COB volva a ter oportunidades de ascenso á máxima categoría, e a administración local debe prepararse para tal eventualidade. O PP debería aprender de todo o acontecido.”
“A venda das acción liberaría ao club de lastres impostos pola institución, permitindo que o resto dos accionistas e mesmo os afeccionados poidan implicarse co proxecto, tomando as rendas e decidindo libremente o futuro da entidade e evitando que se repitan situacións desagradables para todas, insistiremos no que pedíamos na moción aprobada, queremos que se estude o sistema máis satisfactorio para ambas partes na transacción, contando cos servizos xurídicos e económicos da institución para buscar a mellor alternativa”.
As 4.600 accións que o Concello posúe no COB, supoñen case o 21% da entidade deportiva, que a cinco xornadas do ecuador da tempada, defínese como o equipo con máis victorias na liga LEB Oro e, de manterse así, podería optar novamente ao ascenso á ACB.