Os jiujitsukas ourensáns Felipe Igrexas e Christian Álvarez, participaron durante os pasados días 25 a 27 de novembro no Mundial da especialidade, que se disputará en Wroclaw (Polonia).
Ambos formaron parte da reducida expedición de sete integrantes da selección española, a cargo do seleccionador Eusebio Sánchez.
Felipe Iglesias logrou un meritorio quinto posto na categoría de loita de -56 quilos. O ourensán comezou gañando os seus dous primeiros combates con autoridade, contra o etíope Nigusse Yared e contra o alxerino Kassied Aggoun.
Na semifinal chegou o cruzamento contra o francés Romain Chazette, na que Iglesias caeu por un axustadísimo 8-10. Na loita polo bronce, tras outro disputado encontro contra o fogoso grego Ara Tzanikian, o ourensán do Marbel perdeu por 12-16, terminando nun magnífico quinto posto mundial. Ademais, mantén o número un no ranking da federación Internacional.
Para o tamén ourensán Christian Álvarez foi a súa segunda experiencia nunha competición desta magnitude, na categoría de loita de +94 quilos.
Tivo a mala sorte de coincidir en primeira rolda contra o futuro campión, o polaco e ídolo local Rafal Riss. Na repesca, venceu ao iraquí Muayad Ao Tammemi, pero non puido manter o ritmo contra o alemán Rado Mollenhauer e quedou fóra da loita polo bronce. Sétima foi a súa posición.