Bo arranque ligueiro dos dous equipos do Auriense Fútbol Gaélico. Os dous equipos, masculino e feminino, marchan segundos nas súas respectivas competicións.
Ademais, hai que ter en conta que parten cun partido menos ca maioría dos seus rivais ao non poder disputar a primeira xornada da Liga.
O equipo feminino do Auriense resolveu con facilidade o seu partido contra Mecas de O grove, disputado na tarde do sábado no Campo da Universidade. O resultado foi de 32 a 14 para as ourensás.
O partido, púxose de cara xa dende o comezo, onde o acerto a portería e a superioridade física das locais marcou o ritmo dun encontro sen apenas contratempos.
Deste xeito, as ourensanas colócanse na parte alta da táboa, sendo tamén dúas das súas xogadoras, líderes da clasificación de goleadoras.
Goleadoras
A nivel individual, destacar tamén que as dúas Albas (Rodríguez Fernández e Rodríguez Vázquez) consolídanse na táboa de goleadoras da competición.
Tamén, no equipo masculino Millán Brea é o máximo goleador da Segunda división. O conxunto masculino soamento leva disputado un encontro.
Vindeira xornada
Esta fin de semana, tanto o masculino coma feminino descansan, para viaxar a fin de semana do 10 de decembro ás Pontes (masculino) e Pontevedra (feminino).