Los Alcázares acolleu a edición deste ano do Mundial de 100 km.
José Antonio Requejo, atleta ourensáns do club Celta de Vigo foi seleccionado despois de lograr para España o bronce no europeo de Belves (Francia) e ao ano seguinte o mesmo metal, bronce no Mundial de Doha (Qatar).
Nesta ocasión Requejo soamente puido ser sexto, a algo máis de cinco minutos da medalla de bronce nunha carreira moi disputada ata o final.
Requejo, no quilómetro 90 ía cuarto tras adiantar progresivamente a un gran numero de rivais, terceiro ía o surafricano Gift Kelehe e Requejo finalmente o adiantou. Pero comezou a atravesar malos momentos e tamén foi adiantado por outros rivais para chegar finalmente en sexta posicion cun tempo de 6h.41:08.
Outros ourensáns
Catro atletas do Esprintes Ourense participaron nesta competición.
En categoría feminina, Silvia Rodríguez Ferro e Marisol Gómez Chao finalizaron en 8ª e 10ª posición na súa categoría mentres que, no apartado masculino, José María Levoso Touceda e Óscar do Campo Rodríguez obtiveron a 14ª e a 16ª praza do Mundial.
Silvia Rodríguez, cun rexistro de 9 horas e 35 minutos, obtivo o primeiro posto e trofeo na súa categoría na proba open, onde non entran en clasificación os atletas do campionato mundial absoluto.