A júnior Andrea Bello e os másters Cristina Colomo e Roberto Naranjo, primeiros na segunda xornada.

Tres primeiros postos ourensáns na Liga de salvamento

O club Salvour conxuntamente coa Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) organizou a segunda xornada da Liga galega de salvamento en augas pechadas do grupo sur.

O escenario foi a piscina municipal do concello de Ourense, Rosario Dueñas.

En sesión de mañá participaron case 100 deportistas das categorías xuvenil, júnior, sénior e máster, mentres que pola tarde foi a quenda para os máis pequenos, os alevíns, infantís e cadetes.

En total máis de 200 deportistas, 24 deles do Salvour, gozaron das instalacións e da organización do equipo anfitrión.

Ourensáns
O alevín Daniel Araújo Dapía ocupou o posto 17 en 50 metros obstáculos.

En infantís, Zaira García Villalonga, 35ª en 100 metros socorrista; proba na que Hugo Estévez Crespo ocupou a posición 16 e Xenxo Fernandez Fernández e Adrián Correa Dourado a 32 e 33, respectivamente.

Entre os cadetes, na proba de 200 supersocorrista a mellor ourensá foi Eva Espinosa Fernández na posición número 10 e en mozos Roi Naranjo Estévez, posto 15; Ignacio Delgado Zamora, 17; Matín Merinov, 30 e David López 39.
En 50 arrastre de maniquí, Eva Espinosa rematou oitava; Eva Feijoo Gómez, novena, Aldara Estévez Crespo, 32ª, Aldara Nerea Vesprini, 39ª e Nerea Rodríguez 48ª. E en mozos David López ocupou o posto 17; Ignacio Delgado, o 24, Roi Naranjo; o 27 e Martín Merinov, o 34.

Dos xuvenís, Silvia Quintela logrou ser quinta nos 100 metros socorrista e cuarta nos 50 arrastre de maniquí.

O botín dos júnior foi o quinto lugar de Noel Quiroga Ramos, quinto en 100 socorrista e 200 supersocorrista; e Andrea Bello Armada, cuarta en 200 supersocorrista e primera en 50 arrastre de maniquí.

Na categoría absoluta, Ángela Dopereiro García foi a número 21 en 100 metros socorrista e 14ª en 50 rescate de maniquí. Na mesma proba Marco Salvadores Acero, 23º, e Cristina Gómez 23ª. En 200 supersocorrista Ecequiel Quiroga, sexto.

E finalmente en máster +45, tanto Roberto Narajo en 100 metros socorrista como Cristina García Colomo en 50 arrastre de maniquí foron primeros nesta categoría.