A Plataforma Ríos Limpos vai realizar este sábado 3 de decembro unha «quedada» para recoller o lixo acumulado no Montealegre ao longo dos últimos anos.
Rios Limpos vai realizar unha pequena limpeza dos centos de quilos de lixo que hai en Montealegre, lixo que ocupa miles de metros cadrados fronte ao coñecido como Botánico de Montealegre, incluíndo plásticos, vidro, latas, lonas, refugallos…
Comezarán ás 10:30 horas fronte á entrada do Botánico de Montelegre. Posteriormente, a mediodía realizarán unha instalación dunha árbore feita cos materiais recollidos no monte.