Xa está todo preparado para que 574 ximnastas ourensáns -e tamén galego- inunden o pavillón dos Remedios este martes 6 de decembro.
O motivo é a celebración do X Torneo de Nadal de ximnasia. Un clásico nestas datas que conta cunha gran representación das promesas da ximnasia galega.
Coma sempre será un evento lúdico e non competitivo, no que os xóvenes deportistas porán en valor todo o aprendido ata agora. Ximnasia rítmica e de trampolín estarán presentes nesta cita. Un dos clubs que estarán este ano, xunto ao organizador Pavillón será o Burgas.
Temática
O estar nun ano no que se celebraron os Xogos Olímpicos de Río a temática será olímpica; as coreografías estarán acompañadas por distintas músicas do mundo que farán referencia aos Xogos.
Operación Quilo
Un ano máis o torneo colaborará coa Operación Quilo. Na entrada das bancadas da cancha central do pavillón dos Remedios colocaranse carros para que o público que acuda leve alimentos non perecedoiros.
Desde a organización esperan poder recadar en torno a 1.000 quilos de alimentos.
III Festival de Inverno de Ximnasia
E o xoves 8 de decembro a partir das 12h terá lugar o III Festival de Inverno de Ximnasia no pavillón municipal de Xinzo de Limia.