O Sala Ourense continúa ao fronte da clasificación da Terceira división de fútbol sala ao vencer na pista do Bueu por 2 a 5.
Tras uns primeiros minutos de alternativas sen un dono claro do balón e do partido, chegaron as ocasións. As máis claras correrían a cargo dos ourensáns, aínda que os locais tamén tiveron as súas.
Guerra, aos 11 minutos, lograba o 0-1 resultado co que finalizaba a primeira metade. No segundo tempo chegarían máis goles.
O Bueu lanzado a polo empate viuse con outro gol en contra; Fente roubaba o balón e Guerra transformaba (0-2). O varapou serviu para que os locais seguiran coa presión, embotellando por momentos aos xogadores de Kike García. Un tempo morto deste, para reorganizarse supuxo o terceiro tanto obra de Tizón. Pronto recurtaría distancias o equipo local e con xogo de cinco puxo o 2-3 no marcador. Cando parecía que remontada podería ser posible, dous goles máis do líder da competición puxo o 2 a 5 no marcador e os tres puntos.
Vindeira xornada
Esta fin de semana non haberá liga. A mesma regresa o 17 de decembro, día no que o Sala Ourense recibe ao Coruña na xornada número 13. O encontro dis putarase no Pavillón Municipal dos Remedios.