A localidade portuguesa de Tomar acolleu o Torneo dos templarios Cidade de Tomar. Ata alí desprazouse o equipo de trampolín do club ourensán, dando por comezado o inicio de tempada.
O equipo fixo unha competición case sen erros que deu lugar á clasificación para as fases finais de 15 dos 16 saltadores e posteriormente á consecución de 11 metáis.
Os ouros os acadaron o equipo masculino (Hugo Vila, Nicolás Cid, Daniel Fernández, Lucas Domuro); Marta Rodríguez, na categoría de menos de 12 anos; Daniel Fernández, na categoría de 15 a 16 anos e Lucas Domuro, na categoría de máis de 17 anos.
Colgáronse a prata María Fujú García, na categoría de menos de 12 anos; Alejandra Braña, na categoría de 13 a 14 anos e Nicolás Cid, na categoría de 13 a 14 anos.
E os bronces foron para Rocío Salas na, categoría de menos de 12 anos; Hugo Vila, na categoría de menos de 12 anos; Guillermo García, na categoría de 15 a 16 anos e María Salas, na categoría de máis de 17 anos.