A principios de decembro notificouse os resultados do exames de cinto Negro de Combat Sambo realizados durante o curso internacional do pasado mes de outubro no ximnasia Artai.
O club Artai organizou un curso de Combat Sambo e Sambo Police impartido polo mestre ruso, Nikolay Potashnik, campión da copa do mundo 2015.
Os novos cintos Negro de Combat Sambo son Sergio Parga, David González, Carlos Rodríguez, Aarón Blanco, Mª Sonsoles Fabián, Julio Díaz e Emanuel J. Álvarez.
E os cintos Negro de Sambo Police os lograron Mª Sonsoles Fabián, Julio Díaz e Aarón Blanco.
Aarón Blanco
Con estas novas distincións o mestre do club Artai, Aarón Blanco, consegue o grao de cinto Negro en 7 modalidades distintas (Wushu, Kickboxing, Kungfu, Defensa Persoal Policial, Bastón Policial Extensible, Combat Sambo e Sambo Police).
O Combat Sambo é unha modalidade de combate que utiliza as técnicas de puño, perna, xeonllo, cóbado, cabeza e proxección. O mestre ruso impartiu un excepcional curso e examinou aos aspirantes en todos os aspectos que caracterizan a esta modalidade de combate.