30 a 20 foi o resultado favorable para os ourensáns.

O Nova Xestión vence ao SAR

O Nova Xestión da Primeira autonómica masculina tiña a obriga de gañar no partido da oitava xornada para seguir nos postos altos da clasificación.

Diante tiña a un SAR ao que maniatou desde o comezo. A boa defensa e un efectivo ataque fixo que pronto os de Diego Lorenzo se escaparan no marcador; aos 15 minutos xa dominaban 10 a 5. No descanso o marcador reflexaba un 15-9 favorable aos ourensáns.

A tónica da segunda metade foi a mesma ca da primeira. Enchufados os xogadores locais ante as dificultades para meterse no partido por parte dos visitantes.A vantaxe cada vez era maior ata que o remate do encontro deixou o resultado de 30 a 20. Destacada a faceta goleados de Fran e Alex, ámbolos dous anotaron seis tantos cada un.

O Nova Xestión é cuarto con oito puntos. Esta fin de semana visita ao Artabro, sétimo clasificado. A competición parará, despois deste encontro, ata o mes de xaneiro.

Feminino
O equipo feminino de Segunda autonómica disputou o seu partido na Guardia contra o Atlético Guardés.

As ourensás non puideron traerse a vitoria e caeron derrotadas por 25 a 17. A pesar da boa primeira parte do Nova Xestion, o cansancio pola esixencia das do guardés, añadido a falta de xogadoras dos das Burgas, terminou por decantar a balanza nun encontro bastante mais igualado do que se reflexa no marcador final.

Este sábado (Os Remedios, 17:30 h) recibirán o colista, o Taboada, para intentar sumar dous puntos mais no casilleiro.