O partido, que está previsto para as 16 horas do domingo, será o que peche o ano e a primeira volta da Primeira Galicia.
O Cortegada marcha na clasificación no 12º lugar e suma un total de 20 puntos, a metade que o seu rival desta xornada.
A pesar da diferencia clasificatoria o encontro non será sinxelo para os homes de Antonio Dacosta; ademais dun rival motivado atoparanse un campo de terra que en nada favorece o xogo dos unionistas.
O Bande, que é o actual líder, recibe ao Sporting de Celanova no que será o derbi da baixa Limia.
Carné escolar
O club vén de presentar o carné escolar. Os máis pequenos da Unión Deportiva Ourense contan co seu carnet escolar; o mesmo lle permitirá ter un desconto do 10% en Mc Donald´s, que é a empresa patrocinadora do carnet.
O directivo, Juan Romero, tamén anunciou que están abertas as peticións para que o club visite a escolas da provincia. «O ano pasado fomos a unha ducia de centros escolares, este ano queremos ir a máis» comentaba Romero.
As reservas pódense facer na plataforma Xogade ou a través da web www.udourense.com., ademais de polo correo electrónico ou teléfono. «Xa temos solicitudes para 2017», afirmaba.
Pola súa banda, Esteban Cuesta -frnaquiciado de Mac Donald´s en Ourense- explicaba que apoia esta iniciativa por que «quero devolver parte do que a sociedade me da».