A iluminación navideña de Xinzo, Verín, Allariz e Celanova enche a portada do número de decembro do periódico Barrios.
No interior da publicación, recollemos o que deu de si a primeira edición do Festival de Curtas de Verín, e a información da apertura de xuízo oral ao alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, que se deu de baixa do PP. Tamén informamos sobre o macrocontrol de tráfico conxunto entre axentes españois e portugueses en Xinzo, da selección dos 10 proxectos que participarán no Festival de Xardíns de Allariz, e do obradoiro de emprego que forma a 20 desempregados de Verea, Bande e Celanova en traballos forestais.
Neste número entrevistamos a Jorge Emilio Bóveda, escritor e profesor do Colexio Curros Enríquez de Celanova. Tamén informamos sobre a análise que fan os partidos de como tratan á provincia os orzamentos da Xunta para 2017 e dos novos deputados ourensáns Carlos Gómez e Antonio Mouriño.
Na actualidade deportiva, publicamos os últimos resultados do CC Maceda e os emparellamentos da Copa Deputación de fútbol. E en cultura, amosamos o cartel do Entroido de Xinzo, mentres en Verín aínda están a decidir estes días cal será a súa imaxe.
E no último número do ano, tamén resumimos o que deu de si informativamente falando 2016 nas comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz-Maceda e Terra de Celanova.
Podes consultar todos os contidos no seguinte enlace.