O Campus Ourense, a pesar das baixas, logrou sacar adiante un partido que tiña marcado en vermello. Derbi galego contra o equipo co derrotou no debut na competición, e xogando na casa. Os ingredentes perfectos para buscar unha vitoria das que valen máis cos puntos en xogo.
O Vigo plantou cara desde o principio logrando adiantarse primeiro. Pero os ourensáns non querían deixar escapar o encontro, e deseguido Moi recurtou distancias cun golpe de castigo que pasou entre paos.
A partir dese momento o Campus foi a máis. Guille, Justin e Jason (en dúas ocasións) lograron ensaios acompañadas de tres transformacións -de catro- por parte de Moi.
Os vigueses foron quen de lograr outro ensaio máis para deixar o resultado no 29 a 10 -ademais do bonus ofensivo- que lle deu a vitoria aos locais. Con este resultado, os homes de David Monreal rematan o ano na sexta posición con 31 puntos. Cada vez máis preto do obxectivo da permanencia, e deixando atrás a un equipo co que estaba empatado a puntos.
O primeiro partido do ano enfrontará ao Campus Ourense Coosur co El Salvador B.