Viaxaban os sénior do Nova Xestión Pabellón á Coruña coa importantísima baixa de Borja, e coa presión de que xogaban contra o Artabro na sua casa, equipo que estaba a tan so dous puntos.
O encontro comezou ben en defensa (encaixaron nove tantos) e mal en ataque (con só cinco goles).
No inicio da segunda metade a cousa foi mellor e o equipo comezou a funcionar ata achegarse ao rival. Pero o cansanzo pasou factura e os ourensáns volveron a facer a goma e perder toda opción de levarse os puntos cara Ourense. Ao final derrota por 25 a 22.
A competición reanúdase a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro contra Seis do Nadal, de Coia, no anexo dos Remedios.
Pola súa banda, o conxunto feminino logrou a vitoria contra o pechacancelas, Taboada.
Partido sen historia na que as ourensás do Nova Xestión gañaron 36-1.
A volta do paron navideño, viaxaran ata Redondela para xogar contra a SAR, equipo empatado a puntos no casilleiro xunto ao conxunto ourensán.